26 de maio de 2014

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN FIXA AS DATAS DAS VINDEIRAS ACTUACIÓNS DE CANTANTES E GRUPOS MUSICAIS EN DIVERSAS LOCALIDADES DA PROVINCIA

·       Intervirán Ardebullo, Luis Emilio Batallán, Gustavo Almeida, Treixadura, Menú do Día nas Prazas, Roi Casal, María do Ceo, Oscar Ibáñez, Os Tres  Porquiños, Os Bolechas e Milladoiro
·       Os concertos de Amancio Prada en Pontevedra, Valga, Vilagarcía, Tui e Cangas constituiron un rotundo éxito
Os concertos impulsados pola Deputación de Pontevedra con destacados músicos e grupos reiniciaránse o vindeiro día 31 en Redondela coa actuación de Treixadura.
A Deputación destacou hoxe o rotundo éxito de público que tiveron as actuacións de Amancio Prada nos Auditorios de Pontevedra, Valga, Vilagarcía, Tui e Cangas, en datas do entorno do 17 de maio, para conmemorar o Días das Letras Galegas. En todas elas, o aforo dos Auditorios quedou desbordado para escoitar o espectáculo músico-teatral A Rosalía de Federico que puxo en escea o cantautor do Bierzo.
O Circuito de Actuacións levará a Luis Emilio Batallán o vindeiro 13 de xullo a Lalín e o 17 de agosto a Caldas de Reis.
Ardebullo actuará en Pontecaldelas o 1 de setembro e tamén en A Estrada e Ponteareas en datas ainda por determinar.
Treixadura, pola súa banda, actuará, ademais de en Redondela o vindeiro 31 de maio, en Barrantes (o 6 de xuño), A Estrada (o 26 de xuño), Vilanova de Arousa (o 8 de agosto) e A Cañiza (o 14 de agosto).
Gustavo Almeida ofrecerá un concerto no Museo de Pontevedra o 8 de agosto, unha vez que xa actuou en Redondela e Vigo.
Menú do Día (Budiño, o actor Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila) estarán en Marín o 7 de setembro, en Lalín o 19 dese mes e en Porriño nunha data ainda por concretar.
Roi Casal actuará en Sabucedo (A Estrada) o 4 de xullo e en Sanxenxo o 24 de agosto. A fadista María do Ceo ofrecerá tamén un concerto en Vilanova de Arousa o 10 de agosto. E Oscar Ibáñez actuará en Mos o 21 de xuño, en Moraña o 27 de xullo e en  Lalín o 12 de setembro.

Outros grupos do Circuito de Actuacións programado pola Deputación de Pontevedra, como Os tres porquiños, Os Bolechas e Milladoiro actuarán, respectivamente, en datas ainda sin determinar nas vilas de A Cañiza, Mos e O Rosal; Ponteareas e Cerdedo; e Ponteareas, Sanxenxo e Salvaterra. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario