O PP perde máis de 200.000 votos e a esquerda é maioritaria en Galicia
Papeletas nun colexio electoral de Compostela CC BY-SA Praza Pública
O PP venceu nas eleccións europeas deste domingo en Galicia co 35,2% dos votos pero descendeu en case quince puntos o seu apoio con respecto aos últimos comicios europeos de 2009. Gaña o Partido Popular pero a esquerda, máis diseminada ca nunca, é maioritaria no país nunha xornada electoral na que a sorpresa foi Podemos, que acadou o 8,3% dos votos e situouse como cuarta lista máis votada por riba do BNG.
Os 'outros' en Galicia: Case 200 mil votos
As eleccións europeas son uns comicios que habitualmente tenden a dispersar o voto. A circunscrición única incrementa as opcións para as candidaturas minoritarias e o propio perfil das eleccións leva a facer un voto máis ideolóxico ou de simpatía ca ligado á xestión. Este domingo PP e PSOE só sumaron o 56,89% dos votos en Galicia (fronte ao 85,3% de hai cinco anos), pero de igual xeito un bo número de galegos e galegas optaron por alternativas distintas tamén a AGE, Podemos ou BNG, en concreto un 16,35% do total, ou 191.400 persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario