
O vindeiro día 2 de xuño de 2.014 finaliza o período voluntario de pagamento dos recibos correspondentes ó Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica 2014.
No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da mesma dirixíndose a Oficina de Xestión Tributaria (R/ Jose M. Andreini 6 Baixo – Teléfono: 986 609 067) ou a través da web do Concello de A Guarda (Trámites e impresos; Cartas de pagamento), xa que ó tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pagamento nin da vía executiva.
A partires de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora, e demáis conceptos esixibles.
Infórmase ademáis, que dende o pasado 20 de maio e ata o 21 de xullo encóntrase ó cobro os recibos correspondentes á Taxa de Auga 1º Trimestre 2.014.
Ningún comentario:
Publicar un comentario