CEA E TERTULIA DO IEM CON XURXO SOUTO
Xurxo Souto
Instituto de Estudos Miñoranos / Gondomar
Músico,
escritor, locutor, produtor e unha multitude de oficios vencellados á
comunicación enxoian a traxectoria de Xurxo Manuel Souto Eiroa (Galicia, 1966),
protagonista da vindeira TERTULIA do IEM. O arqueólogo Xosé Lois Vilar será o
encargado de presentar ao convidado quen nos visitará este venres 12 de
decembro ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira
Nº10, baixo, Gondomar).
Tamén como é
tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa
persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se
poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360
575 ou ben no correo electrónico oficina@minhor.org . Pregamos facelo antes do vindeiro xoves
pola noite.
Na música e nos medios
Licenciado en
Filoloxía Clásica, acadou sona como líder e vocalista da banda bravú "Os
Diplomáticos de Monte-Alto" entre 1990 e 2001, e polo seu labor de
difusión da música galega de agora e sempre en diversos espazos radiais e como
subdirector de programación da Radio Galega (2005-2009). Outra das súas facetas
a destacar é a de escritor. Ademais de ter cinco libros publicados, ten
colaborado con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.
Dende 1986
comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis
coñecido e lonxevo A tropa da tralla,
xunto a Aberto por reformas e Mil ribeiras, na Radio Galega. En outubro de 2003 participou, xunto con
Manuel Rivas, na reinauguración da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da
que ambos se converteron en padriños e socios de honra. Recentemente formou o
grupo musical "Os 3 Trebóns", onde se encarga da voz e mais do
acordeón. Tamén traballou como actor en producións galegas como a serie de
éxito Mareas vivas ou o telefilme Entre bateas, de Jorge Coira.
Narrativa
En 1995 comezou
a publicar na Editorial Xerais as súas series de relatos A tralla e a arroutada (1995), Fumareu
( 1997) Contos da Coruña
(recompilación de artigos, 2001) Tres
trebóns (2005) e o recente Contos do
mar de Irlanda (2014). Na mesma casa editorial publicou en 1999 a
novela O retorno dos homes mariños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario