“A poesía, a cultura, axúdanos a construír o mundo, sempre que esteamos dispostos a cambiar”
Eva Veiga
As mulleres que transmiten a tradición. O tempo. O canto, o ritmo. A memoria. A cicatriz. A posibilidade do cambio. Abrir os ollos á luz. A imaxe. A emoción. Todo iso, e moito máis, é A distancia do tambor, (Espiral Maior), o poemario co que Eva Veiga gañou o XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Falamos con ela deste e dos seus outros libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario