O BNG denuncia uns orzamentos para o 2015 que non dan resposta á crise na Guarda
“É decepcionante que as partidas para EMERXENCIA SOCIAL sexan apenas o 0,1% do orzamento”
Hortensia García Díaz e Xan Lois Lomba Alonso, concelleiros do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego considera que os orzamentos presentados polo grupo de goberno aportan pouco á solucións dos problemas dos guardeses e guardesas nestes tempos que crise que vivimos.
Para o BNG estamos, unha vez máis, ante a constatación dun goberno sen proxecto político e esgotado incapaz de dar resposta ás necesidades que o pobo da Guarda ten.
A formación nacionalista leva ano tras ano a creación dunha partida específica para Emerxencia Social, lembrando que foi un acordo plenario froito dunha moción presentada polo BNG no seu momento. Apenas un 0,1 % do orzamento en partidas compartidas. Esta partida estaría destinada a paliar as necesidades das persoas que máis acusan a crise económica que estamos a padecer.
O BNG sempre defendeu a promoción do mercado local e de proximidade, ese que da a oportunidade aos pequenos produtores e produtoras, que crea país e que fixa poboación nas vilas e pobos. Por iso non se entende que non haxa ningunha previsión para a praza de abastos. Esta infraestrutura, lembra Xan Lois Lomba Alonso, é responsabilidade municipal, polo que o concello debe poñer un especial empeño na súa reforma para que sexa un centro de dinámica comercial que xere emprego no pobo.
O goberno municipal segue a xogar coa partida das “indemnizacións das 21 licencias”, tivo durante anos paralizados 100.000 € que ben poderían ser investidos noutras necesidade do concello, como en emerxencia social. Hoxe, ás portas das primeiras indemnizacións, baixan a cantidade a 70.000 €, un claro exemplo do desnorte deste grupo de goberno.
Non hai consignado absolutamente nada para desenvolver un plan de tráfico para a Guarda, cuestión que reclama todo o pobo, mais que para o goberno municipal non parece ser importante.
Un PSOE incapaz aproba os orzamentos pola porta de atrás
O máis sorprendente é a fórmula utilizada polo grupo de goberno do PSOE para aprobar os orzamentos do 2015, usa un apartado da lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da administración local. Lei que foi criticada polo propio PSOE na Comisión de Facenda, xustamente neste apartado, onde o representante do PSOE dixo que lle parecía “moi perigoso” que certas competencias do Pleno pasasen á Xunta Local de Goberno. Esta é a forma de actuar do PSOE que di unha cousa, logo realizan a contraria.
Esta medida tomada polo Goberno de X. M. Freitas é froito da súa incapacidade para poder chegar a acordos con ninguén, mellor dito, o único acordo que conseguiron en toda a lexislatura foi aprobar os soldos do grupo de goberno con Converxencia Galega, algo que terán que explicar ao pobo da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario