PERIGO NO MEGAPOBOADO GALAICO ROMANO MÁIS VISITADO DO NOROESTE PENINSULAR
- Unha proba máis, da desidia do chamado Grupo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda e do Padroado Municipal Monte Santa Trega
- A inoperancia da Xunta Rectora de algunha Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común tamén é notoria
"Esto sigue así desde o mes de maio, con perigo para algún ómnibus que se poda orillar demasiado e se derrumbe".
Infogauda / A Guarda
Con esas verbas que reproducimos no parágrafo precedente, resumen uns veciños de A Guarda - que nos remesaron as fotografías e esa frase que reproducimos - o notorio perigo de accidente, de consecuencias imprevisibles, que supón á circulación pola estrada de acceso o cumio do Monte Santa Trega, no termo municipal de A Guarda (Pontevedra), un dos enclaves turísticos máis visitados de todo o Noroeste peninsular.
Queremos relembrar que con feitos como ese queda perfectamente demostrada a inoperancia de un cantos bustos parlantes que a pesar das súas respectivas competencias e responsabilidades políticas, ás imaxes son unha boa proba da súa maiúscula incompetencia.
Unha vez máis, á improvisación, a desidia, e o desinterese pola seguridade vial, de veciños e visitantes, quedan de manifesto. E diante deses feitos, cabe preguntarse: Para qué queremos un Grupo Municipal chamado de Goberno, presidido por un individuo que a súa vez, é presidente do inoperativo Padroado Municipal Monte Santa Trega?
E que podemos decir dos membros de unha Xunta Rectora de unha Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común, que visto o visto, como copropietarios do Monte Santa Trega, semella que nin están para o que deberían estar, nin tampouco se agarda que actúen en consecuencia.
E que ninguén veña con disculpas tentando desviar á atención da opinión pública e procurar quedar no cuarto da saúde, como se dí coloquialmente, botando man de "argumentos" que non se creen nin os picariños de xardín de infancia. Porque tempo xa tiveron todos de abondo - Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda, Padroado Municipal Monte Santa Trega e Xunta Rectora da Comunidade de Montes en Man Común - para recabar ás autorizacións pertinentes e pórse máns á obra, a fin de reparar os danos existentes e devolverlles á tranquilidade os usuarios desa vía pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario