27 de dec. de 2014

A GUARDA

MÚSICA

O DÚO CUARTO IZQUIERDA CELEBROU SEU SEGUNDO ANIVERSARIO OFRECENDO UN CONCERTO ACÚSTICO

No concerto interpretaron temas propios e tamén de Antonio Vega, Melocos, Joaquín Sabina, Ivan Ferreiro, Pablo Alborán e Los Secretos


Cintia Lomba Lomba e o dúo Cuarto Izquierda
Foto: Manuel Victorino Martínez Vicente


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Co gallo do seu segundo aniversario artístico, o dúo Cuarto Izquierda, formado por Alejandro Martínez Martínez - guitarra e voz - e Antonio González Uris - piano e voz -, de A Guarda, veñen de ofrecer un concerto acústico no Piano Bar Benedictus. 

 Diante dunha audiencia moi heteroxénea, formada maioritariamente por xente moza, e tamén por parellas veteranas, Cuarto Izquierda comezou súa actuación o fío das 00:30 deste sábado, interpretando  "El sitio de mi recreo", de Antonio Vega, para continuar con "Adelante" (Letra e música: Cuarto Izquierda).

  Logo virían temas como "Pensando en vos", de Melocos; "Beber hasta perder el control"  e  "Buena chica", de Los Secretos, con adicatorias os seguidores incondicionais de Cuarto Izquierda e posteriormente os amigos de Academia Postal, de Ourense, e tamén os compis de O Rosal e A Guarda.

  Sen apenas interrupción, a actuación de Cuarto Izquierda, continuou con "Créeme" (Letra e música: Cuarto Izquierda); Turnedo (Ivan Ferreiro), tema no que Cuarto Izquierda contou coa colaboura da xoven guardesa Cintia Lomba Lomba, que acompañou o dúo tocando seu clarinete, nunha actuación que foi premiada con sonoros aplausos do respectable público.

 Xa no ecuador do concerto, Cuarto Izquierda interpretaría "Quien", de Pablo Alborán, para continuar con  "Pero a tu lado", de Los Secretos, grupo de música pop rock fundado en Madrid, do que son seguidores Antonio e Alejandro, compoñentes de Cuarto Izquierda. 

 O concerto acústico continuou coa interpretación de "Boulevard de los sueños rotos", de Joaquin Sabina, novamente coa compaña da clarinetista Cintia Lomba Lomba.

 Deseguido Cuarto Izquierda interpretaría "Cuéntame", de Los Secretos, e o tempo que anunciaban que á actuación ía chegando o seu remate, interpretaron outro tema propio "Siento que la luz se apaga". 

 Asemade, atendendo á petición da audiencia ofrecerían como bis "Déjame", de Los Secretos, pondo así remate a un concerto que culminaría arredor da 01:30 h., e no que pudemos comprobar como Cuarto Izquierda conecta co público, ofrecendo un repertorio musical intimista e moi grato, deixando constancia, unha vez máis, dos valores positivos dunha xuventude con inquedanzas culturais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario