25 de nov. de 2014

GONDOMAR

Unha xornada de lectura pública pecha o II Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo


Instituto de Estudos Miñoranos / Gondomar

 Unha ducia de persoas participaron nestes meses de outubro e novembro no ” II Obradoiro literario Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo”. Ao longo das distintas sesións a condutora, Marta Dacosta,  procurou ofrecer motivos de reflexión literaria e pretextos para construír poemas e textos narrativos.  

 Este xoves 27 de novembro ás 20:30 horas, as e os participantes no Obradoiro darán a coñecer as obras realizadas, nun lectura pública que promete non deixarnos indiferentes. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, na Avenida da Feira Nº 10, baixo, Gondomar. O acto é aberto a todo público e levará por título “Desfíxose o nobelo”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario