30 de nov. de 2014

A GUARDA

ENSINO

O PROXECTO "PLATERO Y YO" NA ERA DIXITAL FOI DISTINGUIDO CO GALARDÓN "SELLO DE BUENAS PRÁCTICAS IBEROAMERICANAS LEER.ES" OUTORGADO POLO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Nese traballo colabourativo participaron alumnado e profesoras do CEIP A Sangriña, de A Guarda


Profesoras e alumnas/os do CEIP A Sangriña, de A Guarda, que participaron no Proxecto "Platero y yo" en la era digital - Foto: CEIP A Sangriña

Infogauda / A Guarda

 O proxecto colabourativo "Platero y yo en la era digital", no que o CEIP A Sangriña, de A Guarda participa xunto con outros 56 centros de España e Iberoamérica, obtivo o Sello de Buenas Prácticas Iberoamericanas", outorgado polo Ministerio de Educación. 

 O Selo "Buena Práctica Iberoamericana Leer.es" e un galardón en recoñecemento ás propostas didácticas de todo o ámbito iberoamericano que contribúen, nas súas respectivas linguas oficiais e en calquera área do currículo, a desenvolver a competencia en comunicación lingüística

 Coa conmemoración do centenario da publicación do libro "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez a profesora andaluza Mª Lourdes Giraldo coordinou o proxecto colaborativo "Platero y yo en la era digital" no que participaron 56 centros de España e Sudamérica creando un libro virtual con actividades que promoven o desenvolvemento de diversas competencias. Entre os obxectivos deste traballo están coñecer, apreciar e gozar con Platero e eu utilizando as TIC, utilizar recursos interactivos de software libre na rede onde alumnado, profesorado e familias poidan publicar sen necesidade de rexistrarse e desenvolver a competencia digital.  

 Neste proxecto participou o CEIP A Sangriña, de A Guarda, onde a profesora Mª José Baz dirixe o traballo do alumnado de 2º, 3º e 4º de educación primaria. Tamén colabouraron as profesoras Mª Carmen Collazo Fernández,  Patricia Taboada González, Rosa González Fernández  e Marta Mª Rey Vila, e sobor de todo, as alumnas e alumnos de 2º, 3º e 4º de educación primaria. 

Imaxe extraída da web edu.xunta.es.

 Ao longo das 17 páxinas creadas no libro propoñen lecturas da obra de Juan Ramón Jiménez en galego e castelán, un taller de estampación onde os alumnos maiores convertéronse en axudantes dos máis pequenos, elaboración de carteis, acrósticos, actividades para traballar as linguas galega e castelan, recompilación de refrans, etc. Todas estas actividades quedaron reflectidas no blog O baúl de cuarto de primaria, no espazo de lectura creado no centro e no libro virtual, para o cal fixeron cadernos, fotografías, vídeos e un achegamento á realidade aumentada.  

 Ademais do software libre OurScrapbook, que permite a creación de libros virtuales colaborativos nos que poden incluírse obxectos multimedia, nas actividades realizadas polo alumnado do CEIP A Sangriña utilizan múltiples ferramentas web 2.0 que permiten a difusión do traballo realizado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario