5 de out. de 2014

TUI

O BNG e Galiza Nova de Tui posiciónase en contra dun acto de enaltecemento das forzas armadas

BNG e Galiza Nova / Tui

 Este domingo día 5 de outubro, o Partido Popular de Tui, a dereita máis rancia e españolista que se adica a recurtar os nosos dereitos coma cidadáns, permitiuse o luxo de destinar cartos públicos a gastos militares, mentres necesidades sociais tan imperiosas como o ensino público, atención á dependencia, sanidade, etc. non son prioritarias para o Goberno español do PP, nun vergoñento acto, sendo Tui escenario  dunha xura de bandeira do exército de terra no Paseo da Corredoira. 

 Dende Galiza Nova e o BNG defendemos o antimilitarismo, o desarme,a cultura de paz, o internacionalismo, o antiimperialismo, tratando de atopar camiños inmediatos para o desarme e a abolición dos exércitos, tendo un motor ético e político  de non violencia. 

 Por iso dende Galiza Nova do Baixo Miño, non podemos máis que amosar a nosa repulsa a este tipo de actos públicos, e,  gostaríanos que o Partido Popular culpábel da situación municipal nefasta, alonxase as súas ansias bélicas das nosas rúas. 
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario