14 de out. de 2014

O ROSAL

JOSE E ROSY: UNHA PARELLA DE BAILARINS ROSALEIROS DE XIRA POR NORTEAMÉRICA 



Infogauda / O Rosal


 Como os grandes artistas, e certamente eles na súa especialidade - bailes de salón - o son, a parella de bailaríns Rosy Araújo e Jose González - ou viceversa - de O Rosal, Campions de Galicia en dúas modalidades - Salsa e Bachata - comezan o vindeiro día 17 deste mes súa xira por Norteamérica. 

 Houston, Dallas, San Antonio, McAllen (Texas), Austin e Chicago, son as cidades onde actuarán estes xóvenes desde o vindeiro venres ata o día 2 de novembro.

  A xira por Norteamérica é para Rosy e Jose como un agasallo pola súa traxectoria de máis de dez anos de adicación o baile, que para eles é unha actividade coa que disfroitan e fan disfroitar a tódalas persoas que presencian súas evolucions nas pistas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario