Os participantes na V Edición da Land Rover Discovery Challenge visitaron Oia e A Guarda
Alguns dos participantes na Land Rover Discovery Challenge visitando a zoa arqueolóxica de A Pedreira (Oia), onde desenvolveron á proba dos petróglifos - Foto: Manuel Ángel Pombal Diego
Alguns dos participantes na Land Rover Discovery Challenge visitando a zoa arqueolóxica de A Pedreira (Oia), onde desenvolveron á proba dos petróglifos - Foto: Manuel Ángel Pombal Diego
Manuel Ángel Pombal Diego / Oia
Hoxe tivemos uns convidados especiais visitando a Ruta Máxica de Oia e o Monte Santa Trega, os participantes na V edición da Land Rover Discovery Challenge!
12 famosos e 24 periodistas agrupados en 12 equipos competindo por un proxecto solidario. Impresionados marcharon todos coa beleza e os encantos da nosa paisaxe.
Adriana Abascal, Bertín Osborne, Melanie Costa, Alex Corretja, Enrique Solís, José Bono Jr. e os demáis participantes, ao volante dos seus Land Rover Discovery, estiveron hoxe na bisbarra do Baixo Miño onde superaron a segunda parte do reto solidario no cal o premio final - un Land Rover Discovery 4, dos que participan nesta edición, ou seu valor en metálico - irá a ONG representada polo equipo que sume máis puntos.
V edición da Land Rover Discovery Challenge: Ruta Máxica de Oia (Proba de tiro con arco nas Pozas de Mougás) - Foto: Manuel Ángel Pombal Diego
Pronto subiremos máis información con fotos de todas as probas realizadas no Baixo Miño: Tiro con arco nas Pozas de Mougás, Petróglifos na Pedreira (Oia) e unha proba de orientación no Monte Santa Trega (A Guarda).
Participantes na Land Rover Discovery Challenge na proba de orientación que desenvolveron no megapoboado galaico - romano do Monte Santa Trega - Foto: Manuel Ángel Pombal Diego
Participantes na Land Rover Discovery Challenge na proba de orientación que desenvolveron no megapoboado galaico - romano do Monte Santa Trega - Foto: Manuel Ángel Pombal Diego
Ningún comentario:
Publicar un comentario