15 de out. de 2014

A GUARDA

II FESTIVAL SOLIDARIO COM AS/OS PRESAS/OS EM LUITA

24 e 25 de outubro no C. S. Fuscalho


C. S. Fuscalho / A Guarda

 Xa non queda nada para a II edición do festival solidario “Anti-Repressom”. De novo voltamos ofrecendo un festi de dous días para darlle banda sonora á revolta e apoiar os presos en luita.  

 Todo comezará o 24 de outubro sobre as 22h co concerto de LOOKING FORWARD TO FREEDOM, banda de recente creación pero que apunta maneiras na escea de Hardcore Guardesa. 

  XEROCK amosaranos co seu rock que non existen os límites e XENDERAL chegará dende Cerceda rompendo tódolos esquemas co seu Rap Beatbox con toques de Reggae. 

 Pero tranquilos que a cousa non remata ahí, despois do concerto contaremos coa presenza dos picadiscos SKARAMUZA e JAHMIAN SELEKTAH que amenizarán o remate da xornada. 

 O día 25 comezará ás 14h cun Xantar solidario no que poderedes degustar un saboroso menú libre de sufrimento animal. 

 Xa pola tarde sobre as 17h continuaremos cunha pinchada a cargo de DYNAMITA KAO e algunha cousinha máis. 

 Ás 20h daremos paso ao coloquio “Música e movimento” coa participación de xente involucrada no pasado e presente da escea musical guardesa. 

 Sobre as 22h comezarán os concertos coas bandas 1984 (Punk D-Beat - Ponferrada), JEAN PAUL (Rap Metal - A Guarda), TXUVASKO PUNK (Punk Rock - Vigo), PATHETIKSS (Hc Punk - Baixo Minho), ARGALLADA (Punk Rock - O Morrazo) e para rematar SAPOCONCHO SEM PONCHO (Picadiscos local).  

 As actividades serán no C.S. Fuscalho (Fronte á Atalaia - A Guarda) 

 Colaboración: 3 ouros 1día e 5 ouros 2días.

 Será umha noite fermosa de solidariedade e apoio.  

¡Porque nom ha nada mais fermoso que umha prisom em chamas!  

 Agardamos contar con todas/os vos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario