A PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS, PRESENTARÁ ESTE VENRES DOCE DEMANDAS NO XULGADO DE PONTEVEDRA
Solicitan á retirada das sancións que lles foron impostas por recramaren á devolución íntegra dos seus aforros
Afectados polas preferentes e subordinadas nunha manifestación en Tui, reivindicando á retirada das sancións que lles foron impostas por recramaren á devolución íntegra dos seus aforros
Foto: Arquivo da Plataforma Compostela Afectadas Preferentes
Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño
Dende a Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño informamos que este venres día 19 de setembro, ás 11:30 h., rexistraremos no Xulgado de Pontevedra doce demandas para o proceso contencioso administrativo das cales dúas pertencen a Domitila Vicente Franco, unha octoxenaria que ten que valerse dun andador para a súa vida cotiá, sancionada por saltarse un cordón policial en 2 ocasións; Fernando Asensio, de avanzada idade, enfermo de cancro, que recén operado sentouse nunha cadeira á sombra e por iso foi sancionado; Encarnación Santos de 72 anos que empregaba unha eixada e un ferro para bater e foi sancionada por empregar obxectos contundentes na rúa, etc..
Posteriormente o colectivo de preferentistas achegaráse á central de Abanca, para facer fronte do pagamento das taxas xudiciais (2.412,00€), e das sancións para poder recurrilas por vía xudicial (3.500,00€) ante a mesma entidade financieira que estafou a milleiros de galegas e galegos.
Porén convocamos a tódolos medios este venres día 19 de setmbro, ás 11:30 horas, diante do Xulgado de Pontevedra na rúa Francisco Tomás y Valiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario