NON A INSTALACIÓN DUNHA ANTENA DE TELEFONÍA MÓVIL
Na tarde-noite do venres pasado, procedeuse a iniciar a instalación dunha antena de telefonía movil na rúa Maltese, 43, a que nos consta que NON dispón de licencia municipal nín permiso de ningún tipo, alomenos ata o día luns (15.09).
Avisados polos/as veciños/as podemos comprobar como se estaban levando a cabo obras para a colocación dún destes dispositivos.
A instalación, estáse levando a cabo no medio do barrio, con bastante disimulo e traballando baixo cuberta os compoñentes complementarios para o seu funcionamento, ocultándollo a vista dos habitantes do lugar, para evitar ser detectados.
Pormenores da antena de telefonía móvil instalada na cuberta de un inmoble sito na Rúa Malteses, de A Guarda - Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega A Guarda
Deixar claro que se está instalando a pouca distancia dún parque infantil, e dada a avanzada edade dos veciños/as do lugar, os perigos sanitarios poden incrementarse de maneira alarmante en pouco tempo, así como o risco para aqueles que usen marcapasos.
A Organizacion Mundial da Saúde e a Axencia Internacional de Investigacions do Cancro, teñen clasificado os campos electromagnéticos de radiofrecuencia como “posibles canceríxenos” para os seres humáns por aumento do risco de Glioma (cancro cerebral asociado o uso de teléfonos móviles).
Aspecto que presenta a antena de telefonía desde á rúa Malteses (A Guarda)
O Consello Europeo en setembro do 2008 declarou os límites existentes como obsoletos, dado que dende a declaración dos mesmos, moitos estados teñen aprobado normas mais restrictivas, a maioría en defensa dos grupos mais vulnerables, mulleres embarazadas, recién nacidos/as, nenos/as, e persoas maiores con diversas enfermedades que se convirten nun grave problema de saúde pública se non tratados e protexidos a tempo.
Dende Converxencia Galega, vimos SOLICITAR do Sr. Alcalde, para que NON CONCEDA A LICENCIA e ORDENE A RETIRADA da instalación dunha antena de telefonía movil na rúa Málteses nº 43, polo risco que ten para a saúde de todos/as guardeses/as que alí viven e para todos/as en xeral.
A Guarda, a 16 de setembro do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario