CULTURA
A ASOCIACIÓN RECUPERACIÓN TRAXE GALEGO DE A GUARDA ORGANIZOU UNHA EXCURSIÓN Á RIANXO
Desde á vila guardesa viaxaron compoñentes da Asociación para á Recuperación do Traxe Galego de A Guarda, Tambaluca Pandereteiras, Grupo de Gaitas Os Petons e unha representación de veciños das tres parroquias
A Moreniña, portada por varios xóvenes rianxeiros
Organizada pola Asociación para á Recuperación do Traxe Galego, de A Guarda, o pasado domingo día 14 de setembro, tivo lugar unha gratísima excursión a vila coruñesa de Rianxo, para participar en varios intres da celebración da festividade da Virxe de Guadalupe.
Outra imaxe da Moreniña, flanqueada por veteranos mariñeiros, que tamén se viu na procesión
Desde á vila guardesa partiron dous ómnibus, nos que ademáis dunha representación da devandita asociación, ían ás compoñentes de Tambaluca Pandereteiras e tamén os membros do Grupo de Gaitas Os Petóns, así como un heteroxéneo colectivo veciñal formado por persoas das tres parroquias guardesas, compartindo así unha grata xornada dominical, onde á Cultura e as tradicións populares contribuiron á que á delegación guardesa se sentise en todo momento, perfectamente integrada na sociedade civil rianxeira.
Unha representación da Asociación para á Recuperación do Traxe Galego de A Guarda, no decurso da procesión
Tambaluca Pandereteiras, de A Guarda, desfilando na procesión rianxeira
Compre salientar que logo da celebración eucarística, que tivo lugar na Capela de Guadalupe, presidida polo bispo da diócese de Santigo de Compostela, tivo lugar a procesión marítima na que ademáis da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa, participaron outras agrupacións, entre elas, á Banda de Gaitas de Taragoña; Asociación para á Recuperación do Traxe Galego, de A Guarda; Tambaluca Pandereteiras, de A Guarda e o Grupo de Gaitas Os Petóns, de A Guarda, que o igoal que á referida banda de música, iría a bordo de un barco, na procesión marítima.
O Grupo de Gaitas Os Petóns, de A Guarda
O barco que levou en procesión A Moreniña
Logo de sairen do peirao de Rianxo varios barcos que acompañaban á Virxe de Guadalupe, ateigados de veciños e visitantes, os excursionistas guardeses compartiron un saboroso xantar no restaurante O Trapeiro, de Lousame (A Coruña), con empanada de fariña de millo con bacallau, pescada cocida á galega e carne o caldeiro. Postre, café, infusions. Auga e viños do país.
Praca que relembra á casa onde viviu Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Hai outra semellante, feita en bronce, na fachada da casa onde naceu
O remata-lo xantar, á delegación guardesa voltou para Rianxo, para continuar disfroitando de entorno da vila - berce de Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio, cuias vivendas están perfectamente identificadas coas correspondentes pracas conmemorativas -, así como das actuacions que tiñan lugar en diferentes lugares da acolledora vila rianxeira.
E á hora prevista, volta para A Guarda, coa animada compaña - no autobús nº 1 -, de Tambaluca Pandereiteiras, que o igoal que no traxecto de ida, amenizaron coas súas voces o feliz retorno os fogares guardeses.
Foi unha xornada de feliz convivencia, que anima a repetir á celebración juadalupeña, na vindeira edición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario