Están dirixidas a persoas maiores de 50 anos,
pensionistas e a aquelas que precisen dun respiro familiar
A DEPUTACIÓN OFERTA 6.000 PRAZAS EN BALNEARIOS NO MARCO DOS PROGRAMAS COIDARTE E SAÚDE E BENESTAR
· Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no
prazo de 30 días a contar dende hoxe
A Deputación de Pontevedra oferta 6.000 prazas en
establecementos termais da provincia no marco dos programas Saúde e Benestar e Coidarte, a razón de 3.000 prazas en cada un.
Así se recolle no Boletín Oficial da Provincia de hoxe,
onde se publican as bases dos dous programas, os prazos para a presentación de
solicitudes, que estará aberto no prazo dun mes, a contar dende hoxe, así como
os balnearios incluídos no programa e o prezo de cada un.
O obxectivo destes programas é, por un lado, ofrecer
oportunidades de lecer e de coidado da saúde a prezos reducidos ás persoas
maiores e, por outro, contribuír á desestacionalización do turismo e, en
consecuencia, ao mantemento do emprego nos establecementos termais durante a temporada
baixa.
Tanto en Coidarte
como en Saúde e Benestar, poderán ser
beneficiarios dos programas as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra de
máis de 50, pensionistas e aquelas que se dediquen ao coidado de persoas
dependentes e precisen dun respiro familiar.
No caso do programa Saúde
e Benestar, que xestionará Viajes El Corte Inglés, tal e como acordou na Xunta de Goberno do pasado
venres, os beneficiarios poderán disfrutar de seis días e cinco noites nun dos
9 hoteis ofertados, en réxime de pensión completa e con actividades de
animación sociocultural. O prezo das estadías está subvencionado con 30 euros
por praza por parte da Deputación.
Os establecementos termais incluídos neste programa son
os seguintes:
|
ESTABECEMENTO
|
PREZO PRAZA (descontada a achega da Deputación)
|
|
Spa Nanin Playa Sanxenxo
|
155 euros
|
|
Spa Via Argentum Silleda
|
155 euros
|
|
Spa Norat O Grove
|
170 euros
|
|
Spa Oca Galatea Sanxenxo
|
190 euros
|
|
Spa Carlos I Sanxenxo
|
195 euros
|
|
Gran Talaso de Sanxenxo
|
205 euros
|
|
Talaso Atlántico de Oia
|
205 euros
|
|
Balneario Hesperia Illa da Toxa
|
210 euros
|
|
Talaso Louxo A Toxa
|
215 euros
|
Pola súa banda, o programa Coidarte,
que xestionará Halcón Viajes, permitirá
que as persoas ás que vai destinado o plan poidan disfrutar de 5 tardes, de
luns a venres, nun dos 7 balnearios, talaso ou spa da provincia que se ofertan,
a prezos reducidos e contando, ademais, con transporte diario de ida e volta
entre o seu concello de residencia e o establecemento hoteleiro elixido.
Neste caso, a Deputación subvenciona
con 35 euros o prezo de cada
praza e os concellos que se adhiran ao programa achegarán outros 10 euros. No
entanto aquelas persoas da provincia que desexen participar neste programa e o
seu concello non se adherise ao mesmo, poderán facelo tamén, aínda que, neste caso,
non disporán da achega municipal.
Os establecementos incluídos neste programa son:
|
ESTABLECEMENTO
|
PREZO (con
subvención deputación e Concello)
|
PREZO (subvencion
Deputación)
|
|
Balneario Termas de Cuntis
|
71 euros
|
81 euros
|
|
Balneario Hesperia Illa da Toxa
|
70 euros
|
80 euros
|
|
Balneario de Mondariz
|
67 euros
|
77 euros
|
|
Talaso Atlántico de Oia
|
64 euros
|
74 euros
|
|
Talaso Spa Moaña
|
50 euros
|
60 euros
|
|
Spa Norat O Grove
|
30 euros
|
40 euros
|
|
Spa Torre do Deza Lalín
|
19 euros
|
29 euros
|
Tanto nun caso coma no outro, á hora de conceder a praza
terán prioridade as persoas con pensións máis baixas e os de maior idade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario