O PLENO DA DEPUTACIÓN APROBA AMPLIAR EN 12 MILLÒNS UN PLAN DE ACTUACIÓNS
NOS CONCELLOS QUE ACADA OS 27 MILLÓNS DE EUROS
O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou esta
mañá a ampliación do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas
Municipais en 12 millóns de euros. Coa medida hoxe aprobada, o plan pasa de
contar con 15 millóns _a cantidade inicialmente aprobada o pasado 28 de
febreiro_ a dispór de 27 millóns €.
Co plan, a Deputación pretende que os concellos
poidan, entre outras actuacións, afrontar os cuantiosos danos que os sucesivos
temporais e borrascas ocasionaron nas infraestruturas municipais.
O plan vai destiñado a concellos de entre 1.000 e
50.000 habitantes. Os concellos deberán presentar xunto coa solicitude o
proxecto ou proxectos que pretenden levar a cabo e para os que demandan o apoio
da Deputación. Co obxectivo de axilizar o máximo posible as actuacións, serán
os propios municipios os que se encarguen da contratación dos traballos.
Estes investimentos súmanse ao Plan de Emprego
que a Deputación xa puxo en marcha e que lle vai permitir aos municipios contar
tamén cuns 800 operarios para a realización de traballos urxentes en espazos
públicos e para a prestación de servizos prioritarios.

Ningún comentario:
Publicar un comentario