O Concello da Guarda e a Comisión das Festas do Monte Santa Trega convidan a seguir o partido de La Roja na carpa do porto
Infogauda/A Guarda
O Concello da Guarda e a Comisión das Festas do Monte Santa Trega organizan unha xornada especial para vivir en comunidade a emoción do fútbol co seguimento do partido de La Roja.
A cita será o vindeiro martes, 14 de xullo, a partir das 20:00 horas, na carpa do porto, onde se instalará unha pantalla xigante para que veciños, veciñas e visitantes poidan desfrutar do encontro nun ambiente festivo.
A programación completarase cunha sesión de DJ antes e despois do partido, así como cun servizo de cantina, para que o público poida compartir unha tarde-noite de deporte e convivencia.
Desde o Concello da Guarda e a Comisión das Festas do Monte Santa Trega anímase a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa e a achegarse á carpa do porto para apoiar xuntos a La Roja.
Agardámosvos!

Ningún comentario:
Publicar un comentario