As 189 organizacións
excluídas teñen ata o 6 de xuño para corrixir erros
PRETO DE 1000 EMPRESAS OPTAN
AO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN, QUE VÉN DE PUBLICAR O LISTADO DE
ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
· Máis da metade son empresas que non participaron no primeiro
plan e que, polo tanto, terán preferencia na adxudicación de bolseiros
Preto de 1.000 empresas optan a ser beneficiarias do segundo Plan de
Práctica Laboral que a Deputación de Pontevedra ten en marcha e no que acaba de
publicarse o listado de solicitantes admitidos e excluídos, co obxectivo de que
as 189 empresas excluídas poidan corrixir posibles erros ou achegar a documentación
que corresponda.
De feito, na maioría dos casos, a exclusión está motivada porque a empresas
non fai entrega de toda a documentación requirida para poder optar ao plan,
como copia da tarxeta de identificación fiscal, dos estatutos ou documento
análogo que acredite a condición de empresario; certificado de inscrición no
rexistro correspondente, etc. Tamén se dan casos de exclusión por non
especificar a titulación do bolseiro que solicitan ou por non achegar o plan de
práctica que desenvolvería o bolseiro, entre outras cuestións.
Por tal motivo, as empresas excluídas terán ata o 6 de xuño para corrixir
os posibles defectos e poder ser admitidas.
500 empresas no
grupo 1
Cómpre destacar que mais da metade das solicitudes para este novo Plan de
Práctica Laboral da Deputación corresponde a empresas que non se beneficiaron da
primeira fase do mesmo e que, polo tanto, terán preferencia á hora de recibir
bolseiros nesta ocasión.
Así, son preto de 650 as empresas incluídas neste Grupo 1, das cales 161
figuran na lista provisional como excluídas e, en consecuencia, poderán agora
presentar a documentación necesaria para poder entrar no plan.
O segundo grupo máis numeroso é o de empresas que están beneficiándose
nestes momentos do I Plan de Práctica Laboral na empresa privada e que contan
cunha valoración positiva na execución das prácticas. Este grupo, de preto de
200 compañías, será o segundo en orde de preferencia á hora de recibir
bolseiros.
Os grupos 3 e 4, correspondentes a cámaras, federacións e confederacións,
confrarías, asociacións e outras entidades só recibirán titulados no marco
deste plan no caso de que non se cubran todas as prazas cos primeiros dous
grupos.
Convocatoria titulacións
Unha vez estudadas as propostas realizadas polas empresas e pechado o prazo
de corrección de erros, os técnicos da Deputación iniciarán o proceso de
definición das titulacións que se reclaman e o perfil dos bolseiros que as
empresas solicitan, para a partir de aí sacar a convocatoria das bolsas por
titulacións, algo que está previsto que se realice no mes de xullo.
Inicialmente, a Administración provincial convocará entre 400 e 500 bolsas
de un ano de duración, pero non se descarta a posibilidade de incrementar este
número en función da calidade dos proxectos presentados polas empresas e da
demanda de bolsas que realicen os titulados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario