O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VISITOU O COMPLEXO ARQUEOLÓXICO A CABECIÑA, EN MOUGÁS, E A IGREXA DE OIA
ACAMO / Oia
Onte martes día 6 de maio o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou Oia e deixounos un bo sabor de boca. Visitamos Cabeciña e igrexa de Oia. Asistentes: Rafael Louzan, presidente da Deputación, Alejandro Rodríguez, alcalde de Oia, os concelleiros Camilo, Rosi, Albino e Carmen María; Venancio, Presidente da comunidade montes de Mougás, Fernando Carrera Director da Escola de Conservación e Fernando J. Costas Goberna presidente de Acamo. Asistiu tamén un arqueólogo da Deputación.
Acordos: O presidente da Deputación confirmou a firma do convenio coa escola de conservación proposto e que xa obra en poder do organismo provincial; que inclúe continuar en Cabeciña, e polo que respeta á igrexa de Oia inclúe a restauración das pinturas do arco triunfal, e o retablo de San Xosé, ademais das imaxes que xa están en Pontevedra.
Á parte do convenio coa escola, quedouse en presentar un avance de proxecto máis amplo para Cabeciña no que participarían directamente algún equipo da Deputación.
Polo que respecta á igrexa tamén están abertos a un acordo.


Ningún comentario:
Publicar un comentario