CONSTITUCIÓN DA AGRUPACIÓN LOCAL DE ESQUERDA UNIDA EN TOMIÑO
O pasado venres 25 de abril constituíse en Tomiño, o grupo local de Esquerda Unida. A súa executiva está formada por oito integrantes, á cabeza dos cales se atopa Roberto Martínez de la Fuente (coordinador), Sara Sánchez da Vila (organizadora), Vanesa Estévez Fernández (comunicación), Raquel Torrado Pérez, Davinia Martínez Iglesias, Alberto Noriega Morato, Nieves Carrera Santos e Jose Javier Santamaría Gómez. Estivo presente nesta primeira reunión o coordinador comarcal do partido, José Cuevas Raposo.
Como primeira medida, a agrupación explicou, xunto con Anova e Espazo Ecosocialista, á poboación de Tomiño o programa de Alternativa Galega de Esquerda en Europa e a importancia das próximas eleccións.
No ámbito estritamente municipal, o grupo pretende pedir ao actual equipo de goberno o establecemento dun regulamento de participación cidadana. Dita disposición ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento local e a democracia participativa por medio da integración da poboación ao exercicio da política no contexto da toma de decisións que afectan a comunidade no ámbito do político, económico, social e ambiental. Esta implicación pode ser tanto de índole individual coma colectiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario