7 de maio de 2014

GOIÁN

O CINECLUB POLEIRO PECHA O CICLO CON LA VIDA DE ADELE

O xoves, 8 de maio, o cineclub Poleiro proxecta no auditorio de Goián, ás 21:30 horas a película francesa La vida de Adele , dirixida por  Abdellatif Kechiche


A película é a adaptación da novela gráfica “Blue” de Julie Maroh

Cineclub Poleiro / Goián

Conta a historia de Adèle (Adèle Exarchopoulos). Ten quince anos e sabe que o normal é sair con mozos pero dubída sobre a súa homosexualidade. Unha noite coñece e namora inesperadamente de Emma (Léa Seydoux), una moza de pelo azul. A atracción que esperta nela una muller que lle mostra o camino do deseo e a madurez fará que Adèle teña que sofrir os xuizos e prexuizos de familiares e amigos.
Premios
2013: Festival de Cannes: Palma de Oro (Mellor película) e Premio FIPRESCI
2013: Premios César: Mellor actriz revelación (Exarchopoulos) 8 nominacions
2013: Globos de Oro: Nominada á Mellor película extranxeira
2013: Critics Choice: Mejor film de fala non inglesa e Mellor intérprete
  
O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario