30 de maio de 2014

MÚSICA

O certame celebrarase en Tui, Lalín e Vilagarcía de Arousa e as bandas participantes elixiranse por sorteo entre todas as inscritas
ÁBRESE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN  NO XIII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


·      Establécense tres premios para cada modalidade e, á hora de puntuar ás diferentes agrupacións, o xurado valorará a afinación, a sonoridade, a interpretación e a técnica
·      O concurso desenvolverase no mes de outubro, con 6 bandas concursantes na sección primeira e 8 na sección segunda e na terceira
O Boletín Oficial da Provincial publicou onte as bases do XIII Certame Provincial de Música e abre o prazo para que todas as agrupacións interesadas en concursar poidan presentar a súa solicitude. Poderano facer desde mañá, xoves 29 de maio, ata o 27 de xuño, ambos incluídos, no rexistro da Deputación de Pontevedra.
Ao concurso poderán presentarse todas as bandas de música federadas, que poderán competir en tres niveis segundo o grao de dificultade da peza de libre elección que interpretarán.
En total serán 22 as agrupacións que participarán no certame, 6 na sección primeira (a de maior dificultade), 8 na segunda e outras 8 na terceira.
A elección das bandas concursantes realizarase por medio dun sorteo público entre todas as agrupacións que opten a participar en cada unha das categorías.
Lalín, Vilagarcía e Tui
O certame disputarase en tres puntos diferentes da provincia. Así, as agrupacións que compiten na sección primeira farano no Auditorio Área Panorámica de Tui o 4 de outubro; mentres que a sección segunda competirá no Auditorio Municipal de Lalín o 11 de outubro; e a sección terceira no Auditorio Municipal de Vilagarcía o 18 de outubro.
Só por participar, cada banda percibirá entre 2.000 e 3.500 euros (en función da sección) e establécense 3 premios aos mellor clasificados en cada nivel.
Sección
1º premio

2º premio
3º premio
Primeira
4.200 €
2.000 €
1.500
Segunda
3.500 €
1.800 €
1.250
terceira
3.000 €
1.500 €
1.000


A clasificación determinarana os membros do xurado atendendo a aspectos como a afinación, a sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), a interpretación e a técnica. Todos eses aspectos valoraranse tanto na interpretación do tema libre como no establecido como obrigatorio nas bases do concurso e que serán, para a sección primeira, 2Q1E In memoriam de David Cuevas; Theseus de Andrés Álvarez na Sección Segunda; e Sangral de Israel Quintas na Sección terceira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario