21 de abr. de 2014

VITICULTURA

TÉCNICOS DE AREEIRO ALERTAN DA APARICIÓN DOS PRIMEIROS SÍNTOMAS DE MILDIU NAS VIÑAS DA PROVINCIA


.     As condicións meteorolóxicas fan necesaria a aplicación de tratamentos para evitar danos na uva

Técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro alertaron da aparición das primeiras manchas de aceite nestes días en diversas zonas tralas últimas condicións climáticas rexistradas con temperaturas nocturnas suaves e elevada humidade relativa.

Para esta semana, as previsións meteorolóxicas anuncian alta posibilidade de precipitacións todos os días polo que dende Areeiro aconséllase o uso de funxicidas sistémicos ou penetrantes, que non sofren lavado con tal de que transcorra unha hora sen precipitacións e deste xeito aproveitar os períodos de claros para tratar.

O mildiu trátase dun dos fungos que máis ataca a vide, follas, zarcillos, ás ramas máis novas, e ácimos antes do cambio de cor polo que ademais do ademais da aplicación do funxicida correspondente, recoméndase a adición de produtos mollantes para facilitar a adherencia do funxicida á vexetación e incrementar a súa efectividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario