O CLUB DE REMO ROBALEIRA PARTICIPARÁ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS
Hermelindo Martínez González / A Guarda
A pasada fin de seman celebrouse en augas de Pobra do Caramiñal, o Campionato Galego de Bateis.
O Club de Remo Robaleira lograra clasificar para esta competición dúas embarcacións, as tripulacións infantil e xuvenil masculinas. Se ben a tripulación xuvenil, non logrou pasar as clasificatorias do sábado, a tripulación infantil ca segunda posición da súa manga, logra clasificarse para as finais a celebrar onte domingo, na cal acadaron o bronce, tras clasificarse en terceira posición neste Campionato Galego.
Compre salientar que a terceira praza, clasifica a embarcación directamente para o Campionato de España, que se celebrará a vindeira fin de semán en augas de Camargo (Santander), cita a que acudirá o Club de Remo Robaleira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario