30 de abr. de 2014

TUI

A VIOLINISTA SARA AREAL PARTICIPARÁ COMO SOLISTA NA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA


Trisquel e Medulio / Tui

É para nós un pracer informarlles de que a Real Filharmonía de Galicia (RFG), invitou este ano a nosa colaboradora, a violinista tudense de 18 anos, Sara Areal Martínez, a participar como solista coa mencionada orquestra que, como ven sendo habitual, participa co “Concerto pola Liberdade” no acto de entrega do X Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que organizan o Club de Prensa de Ferrol, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social “La Caixa”, o cal terá lugar este mércores no teatro Jofre de Ferrol, ás 20:30 horas.

 Sara Areal interpretará o Concerto para violín en Mi menor do compositor Felix Mendelssohn (1809-1847), acompañada pola RFG que será conducida polo mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da orquestra. 

Esta violinista galega estudou no Conservatorio Profesional de Música de Tui e continúa a súa formación na Escola Profesional Artística de Vale do Ave (Portugal). Asistiu a clases maxistrais de violinistas de prestixio internacional. Gañou diversos premios nacionais e internacionais e ofreceu numerosos recitais e concertos en España e Portugal. Colabora coas orquestras de cámara galegas, coa Xoven da Sinfónica de Galicia, e é concertino das orquestras sinfónicas portugueses ARTAVE e APROART. E foi dirixida por grandes directores e fai menos dun mes foi admitida na Escola Superior de Música de Lausanne (Suíza). 

Felicitamos a esta xove intérprete polo que, entendemos, é un recoñecemento o seu traballo e desexámoslle moita sorte

Ningún comentario:

Publicar un comentario