DEPORTES
A BTTINTO ESPERA SUPERAR OS 2.000 PARTICIPANTES NA III EDICIÓN QUE SE
CELEBRARÁ O 8 DE XUÑO NO CONCELLO DE RIBADUMIA
·
O evento, que este ano contará co ciclista Álvaro Pino
como padriño, trátase da terceira ruta máis importante de España por número de
participantes
·
A inscrición é gratuíta e se realizará a través da web
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou esta
mañá en rolda de prensa a III edición da BTTinto que terá lugar no concello de
Ribadumia durante a xornada do domingo 8 de xuño coincidindo coa XLII festa do
viño tinto. No acto estivo presente a alcaldesa Salomé Pena Muñiz e o padriño
da proba e ciclista gañador da Volta España do 86, Álvaro Pino.
A presente edición será unha ruta libre, non federada e de inscrición gratuíta coa que se espera
superar as expectativas do ano pasado e congregar a máis de 2.000 persoas
chegadas de toda Galicia, animando a expertos e afeccionados a participar nesta
cita deportiva que cada ano conta con máis seguidores e que converteuse na
terceira ruta máis importante de España por número de participantes e a
primeira de Galicia.
Rutas programadas
As rutas programadas contan cun nivel medio-alto, algo
que sen dúbida suporá un reto para os que xa contan con certo nivel no dominio
da bicicleta, pero que non intimidará aos usuarios ocasionais que se animan na
práctica deste deporte. Se porán en marcha tres modalidades nas que os
interesados poderán inscribirse a través da web do concello de Ribadumia:
A BTT, que
constará de 46 quilómetros e ofrecerá durante o seu percorrido varias
posibilidades para diminuír a súa distancia e a dificultade física e técnica
para os que así o desexen poidan facer unha subida máis corta de 33
quilómetros. Doutra banda, unha ruta
combinada duatlón de montaña, que se caracteriza por ser unha ruta corta de
33 quilómetros de BTT e 20 de carreira que transcorrerá polo mesmo trazado que
a ruta de sendeirismo. Para levala a cabo os participantes deberán chegar á
liña de meta e facer a transición da zona reservada para logo desenvolver a
carreira a pe.
A última proposta é unha ruta de sendeirismo de 20 quilómetros que transcorrerá polos
camiños de Barrantes seguindo a senda ata chegar ao Monasterio da Armenteira e
posterior regreso, algo que converte a cita en algo máis que un evento
deportivo, xa que os participantes poderán disfrutar das maravillas dos paraxes
de Arousa e Pontevedra, percorrendo puntos destacables do seu patrimonio etnográfico,
arredor de Ribadumia, Meis ou Meaño.
Entre outras novidades no trazado que non decepcionarán
aos deportistas que concorran o evento, a presente edición contará cun padriño
de gran nivel deportivo: o ciclista campión da Volta España de 1986, Álvaro
Pino. O deportista, oitavo no tour de Francia do 86 e 88, será o padriño que
acompañará na ruta aos cada vez máis numerosos participantes.
Non faltarán os “trofeos non competitivos” que servirán
como recoñecemento do esforzo de todos os asistentes e cos que se pretende
dinamizar o ambiente durante a xornada festiva programada.
Un ano máis, Deputación de Pontevedra e Concello de
Ribadumia en colaboración cos clubes CC Armenteira e Punto, Salnés Bici e CDM
Xesteiras, quere seguir apostando por eventos como este, para conseguir que a BTTinto se converta nunha competición
deportiva de obrigada cita formando parte do calendario nacional.

Ningún comentario:
Publicar un comentario