O ORAL DISTRIBÚE EN
TODAS AS SÚAS OFICINAS UNHA GUÍA DO CONTRIBUÍNTE, CON DATOS E INFORMACIÓN ÚTIL
PARA OS USUARIOS
Inclúe o calendario fiscal así como os distintos servizos do ORAL e impresos necesarios para adherirse a eles, entre outros datos
A Deputación de Pontevedra comezou a distribuír nas
diferentes oficinas do ORAL da provincia unha guía do contribuínte coa que
pretende facilitarlle aos usuarios información útil sobre os servizos deste
departamento da administración provincial, ao que están adheridos na
actualidade 54 dos 62 concellos da provincia.
A guía recolle os distintos servizos do ORAL, o
calendario fiscal, o funcionamento da Oficina Virtual así como impresos para
solicitar a domiciliación bancaria dos recibos ou para adherirse ao servizo de avisos
a través de SMS, mediante o cal poden recibir información de interese como
prazos de pagamento, comunicacións de devolución dos recibos…
Tamén se inclúe un apartado con información de horarios,
oficinas ou atención ao contribuínte.
A guía estará á disposición dos interesados tanto nos
diferentes servizos do ORAL na súa sede central de Pontevedra (recadación,
xestión catastral e rexistro), como en todas as oficinas periféricas, situadas
en Arbo, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A
Cañiza, Crecente, O Covelo, A Estrada, Lalín, Moaña, As Neves, Ponteareas, Ponte
Caldelas, O Porriño, Nigrán, O Rosal, Sanxenxo,
Tomiño, Tui e Vilanova de Arousa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario