12 de abr. de 2014

CAMPOSANCOS

ASOCIADOS DE ARCO BAIXO MIÑO CUESTIONAN Á PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN


         Infogauda / Camposancos

  Testemuñas de persoas vencelladas á Asociación de Artesáns Arco Baixo Miño que tanto onte, como hoxe mesmo, se puxeron en contacto con Infogauda, veñen de referir que "(...) este venres 11 de abril de 2014, tivo lugar un incidente na casa cedida polo concello da Guarda a Asociación de Artesáns Arco Baixo Miño".

  Segundo puxeron de manifesto ás mesmas fontes, "(...) o devandito incidente produciuse cando se estaba a tratar o estado de contas 2013. Pasou que a súa Presidenta Sra. Romy Ottaviani non deixaba entrar a membros que competían ditas contas. A Presidenta chamou a Garda Civil alegando que había persoas non socias que impedían realizar a reunión, cando alí había socias ca cuota dada de alta e socios que aínda non teñen a súa cuota o día. Era porque ata que as contas estén correctas non pagan, para así ter unha transparencia real das contas.

  Socios, prensa [indican un medio de comunicación] e membros de dita asociación que quixeron ver as contas denegóuselle o dereito porque a Presidenta alegou que non había maioría de socios, cando realmente había unha cantidade suficiente de socios que querían ver as contas.

  A todo isto houbo unha agresión a unha socia o intentar entrar. Polo que ponse de manifesto que a actuación por parte da Presidenta Romy Ottaviani, da Asociación de Artesáns Arco Baixo Miño actúa escondendo trala mentira actuacións moi cuestionables polos razoamentos normais polo que se rixe unha asamblea".

  Desde á Redacción deste xornal dixital queremos salientar que tanto onte como no día de hoxe, intentamos contactar coa presidenta da Asociación de Artesáns Arco Baixo Miño, sen lograr obter unha resposta. En todo caso, se Romy Ottaviani quer ofrecer a súa versión persoal, sabe perfectamente que non ten máis que remesárnola o seguinte enderezo de correo electrónico:

infogauda@yahoo.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario