DOUS EXEMPLOS - ENTRE OUTROS VARIOS - DE INACCIÓN E DESIDIA DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL
Aspecto que ofrecía o areal da Ribeira, no porto de A Guarda, na tardiña do sábado día 12 de abril de 2014 - Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Co ánemo de indicar á necesidade de levar a bo termo, desde o ámeto municipal, un plan de actuacións urxentes, tendentes á arranxar o que o reiterado adverso metereolóxico do pasado inverno danou, propomos que se acometan as debidas reparacions naqueles lugares onde o pavimento amosa un evidente deterioro.
Ainda que consideramos que non é necesario que indiquemos lugares concretos, porque nin é o noso cometido, nin se cinguen a un lugar ou dous, senón que son varios, podemos decir que o acceso o cemiterio parroquial de A Guarda, desde o Paseo de Portugal, está bastante deteriorado. O mesmo acontece nas inmediacions da zona escolar e deportiva de A Sangriña, entre outros lugares do termo municipal.
URXE Á RETIRADA DO ARGAZO NA ZOA DA RIBEIRA E CANGREXAL
Por outra banda, suxerimos que sexa retirado o argazo existente no areal que se formou na zoa de A Ribeira e Cangrexal, xa que ademáis do notorio fedor que desprende, amosa craramente o grado de compromiso que algúns teñen no ámeto dos cometidos públicos. E non vale recorrer á cuestións tan extemporáneas como ás socorridas competencias. A cidadanía non lle importan eses asuntos. O que os veciños e visitantes queren e que eses lugares presenten o mellor dos aspectos posibles. E a día de hoxe, non é así. O argazo está ben visíbel e "faise notar".
O TELLADO DA FONTE-LAVADOIRO DE FEDORENTO RECRAMA UNHA REPARACIÓN
Asemade tamén se fan notar as tellas arreboladas polo vento en parte da cuberta da fonte-lavadoiro de Fedorento.
Ainda que somos conscentes da dureza do pasado inverno, non e menos certo que sabemos que xa houbo tempo dabondo para arranxar ese tellado. Se non se fixo até o de agora, non ten outra lectura máis que é debido á inacción e a desidia na que algúns están instalados desde fai bastante tempo.


Ningún comentario:
Publicar un comentario