25 de abr. de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CONSTATA
A DEIXADEZ E ABANDONO DA FONTE DE FEDORENTO 

                                                                                           
                Cando unha localidade aposta polo turismo, debe desempeñar unha serie de actividades para potenciar aqueles puntos que o ofertalos, sirvan para atraer visitantes e dese xeito, a hostelería, a restauración, e con eles os demais sectores do comercio local incrementen a súa potencialidade e desenvolvemento, de xeito que todo iso sirva para mellorar a calidade de vida de tódolos conveciños.

          Todo o anterior, e o que unha localidade que presume de ser un Destino EDEN, praias Bandeira Azul, e outras “distincións” recibidas, logo recibe os visitantes nas festividades da Semana Santa con praias sen limpar, camiños cheos de herba, suciedade e abandono nas instalacións do Castelo de Santa Cruz, en fín, presentan o pobo como unha desfeita, e de “propina” cabréanse, si algún/ha veciño/a, visitante, asociación ou partido político fai algunha crítica.

            Todos/as aqueles/as que acudiron/baixaron a praia da Area Grande, (Bandeira Azul),  aparte do espectáculo de atopar plásticos, basura arrastrada polo mar e argazo en descomposición cos séus bos “cheiros”, podían contemplar o estado do teito da Fonte/Lavadoiro de Fedorento.

       Seguro que en poucos datas o Sr. Alcalde e a Concelleira (dún feixe de cousas) e de Turismo, escomenzaran a aparecer nos medios de comunicación falando das grandes xornadas gastronómicas e novas “condecoracións” das que para recibilas primeiro hai que pasar por “caixa”, namentras os negocios de hostelería e restauración, se miran e se desexan para cubrir os gastos de mante-las portas abertas.

       Agora, cando xa pasaron as datas do período vacacional da Semana Santa, sigue amosando un estado total de abandono. Esta foi a imaxe que os visitantes se levaron da nosa localidade, imaxe que se sigue repetindo día a día para todos os que pasan polo lugar, polo que seguimos reivindicando que a inoperancia, a deixadez e abandono a que este equipo de goberno nos ten acostumbrados, sigue sendo unha demostración da desgracia que está sufrindo o noso pobo, co silencio cómplice dalgún grupo político que dín que existe na nosa corporación e dos que somentes os vemos en desfiles e procesións nos que poidan lucir o “modelito”.

           Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar a quen corresponda, que se impartan as órdenes oportunas para que de xeito inmediato, se leve na cabo as obras de arranxo, limpeza e reparación da Fonte/Lavadoiro de Fedorento.

A Guarda, a 24 de Abril de 2.014


Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario