10 de abr. de 2014

A GUARDA

SUCIEDADE NO AREAL DA RIBEIRA/CANGREXAL

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA QUE O CONCELLO PROCEDA A SÚA LIMPEZA

                       Na imaxe de arquivo, vista parcial da praia do Carreiro - Foto: Infogauda

            No día de onte, fomos chamados por varios veciños a fin de que nos apersonáramos no areal da Ribeira/Cangrexal a fin de que comprobáramos o que alí estaba sucedendo pola deixadez do Equipo de Goberno Municipal do PSOE.

            Algúns maiores nos contaron que habían falado con membros do Grupo Municipal Socialista para darlles as queixas pola acumulación de suciedade e malos olores, recibindo moi boas palabras, pero sin que arrancasen nada.

            E de destacar, que tralas últimas obras feitas no porto, se está formando alí un areal que se está convertindo pouco a pouco na praia urbana de A Guarda, xa que está moi recollida e acumula moita area, polo que os pais/as nais levan as criaturas a xogar e bañarse neste lugar, pola seguridade e tranquilidade que representa, e a cercanía das vivendas, xunto co parque infantil existente no lugar o convirten no punto de referencia para moitas persoas da Ribeira e de barrios cercanos.

            Do mesmo xeito, que dende o Concello se envía persoal a limpar O Carreiro, tamén deben facelo mesmo neste punto, ca salvedade que éste é moito máis usado e con maior presencia de nenos/as polas súas propias caracaterísticas.

            En pouco menos dunha hora, acumulamos máis de cincoenta (50) sinaturas e iso que non foi no mellor momento, pois na caída do sol, escomenzaba a sentirse o fresco.

            Dende Converxencia Galega queremos destacar  que tanto os olores da descomposición do argazo como a acumulación de plásticos de todo tipo, así como tamén outros materiais alí presentes, non deben ser unha boa tarxeta de visita para aquelas persoas que acuden o noso pobo, nin tampouco para os establecementos de hosteleria e restauración alí asentados.

            Diante do exposto, vimos a solicitar que por parte do Concello, de maneira inmediata, se proceda a limpeza e saneamento deste lugar, usado por tantos/as crios/as e familiares tódolos días.

A Guarda, a 08 de abril do 2014

Data de Rexistro: 09.04.2014
Rexistro de Entrada nº 1873

  
     Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega

  
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario