Xornadas INSULTARTE
25 e 26 de marzo
de 11 a 14 e 17 a 20:30 h
CGAC
A través dunha serie de actividades -taller, conferencias e mesa redonda-, as xornadas Insultarte intentan proporcionar ao público asistente as ferramentas e as claves necesarias para identificar e aproveitar as oportunidades de emprego do seu sector, coñecer o marco legal e buscar financiamento para os seus proxectos.
As xornadas están dirixidas a estudantes e profesionais do ámbito da creación artística e cultural.
Impartido polo colectivo Insultarte (Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta)
20 prazas. Matrícula gratuíta
Ningún comentario:
Publicar un comentario