CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA
SOLICITUDE DE
XUSTIFICACIÓN DE GASTOS
Nos medios de comunicación
ten saído a información que unha delegación do Concello de A Guarda, asistiu a
15ª Edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo “Xantar” celebrado no
Recinto Feiral de Ourense.
Consideramos que é unha
necesidade a presencia de A Guarda en todos aqueles foros nos que potencien o
turismo, e poden axudar a que cada ano nos visiten máis persoas e impulsen o
noso comercio en tódalas áreas.
Non entendemos que na
campaña municipal para potenciar o turismo, sexa preciso a presencia da Concelleira de Servicios Sociais.
Dada a situación de
precariedade económica do noso Concello, vimos a solicitar se nos informe sobre
o seguinte:
a).- Que persoas, tanto
membros/as da Corporación como técnicos de turismo e outras áreas que viaxaron
a Ourense a “Xantar”.
b).- Custo dos viaxes,
aloxamento e manutención.
A Guarda, a 25 de febreiro de 2.014
Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira-Portavoz
de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
do
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario