REMO
REGATA DE BATEIS V BANDEIRA CONCELLO DE BUEU
Club de Remo Robaleira / A Guarda
Onte, por fin o tempo deu unha tregua, e despois de dúas regatas suspendidas, pudo celebrarse en augas de Bueu, a primeira regata de bateis da tempada. Contou con gran asistencia de clubs e tripulacións. As gañas de remar eran moitas, e a tarde acompañou.
As tripulacións de Robaleira estiveron á altura. A tripulación cadete acadou unha meritoria quinta posición, e sinalar a gran actuación da tripulación xuvenil que acadou un segundo posto, facendo unha regata de forza, mantendo a segunda posición dende a saída, e en cada ciaboga.
Para a vindeira fin de semán a cita é na casa, remamos en A Guarda. Celebraremos a regata do XXV Aniversario, donde poremos en xogo a Bandeira Concello de A Guarda de Bateis, XVI Memorial Antonino Torrón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario