MÁIS DE 600
DEPORTISTAS DÁNSE CITA O SÁBADO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DO CAMPO A TRAVÉS
Infogauda / A Guarda
Este sábado
22 de febreiro levarase a cabo o Campionato Galego de Campo A Través para
persoas con discapacidade
en el Camping Salcidos, A Guarda a partir das 10.30h.
Participarán
130 atletas dos seguintes clubes: Aceesca (Porriño), Aspanaex (Vigo), Asdán
(Vigo), Esclavas (Mos), Juan XXIII (Pontevedra), Racing Chapela
(Redondela), Os Helenos (Monforte), e San Xerome (A Guarda).
Como
novidade cabe destacar que se realizará de forma conxunta co Campionato
Provincial de Cross escolar Xogade da Xunta, cun total de 600 deportistas, nas
categorías cadete, infantil, alevín e benxamín.
Onte foi a súa
presentación oficial en San Xerome, onde se ultimaron os detalles para que esté
todo listo para o sábado. Coa presenza do Delegado Provincial da Xunta de
Galicia, o alcalde da Guarda, o alcalde do Rosal, e membros de
San Xerome e diferentes clubes deportivos do Baixo Miño destacouse “a
importancia por apostar polo deporte recreativo, ese que nos fai mellores
persoas”.
Organiza:
Secretaría Xeral para o deporte, FEGADDI, S. Xerome e S.A. do Trega.
Patrocinan: Deputación Provincial, Concellos da Guarda e do Rosal.
Colaboran:
BRILAT, Camping Santa Tecla, Coca Cola, Gadis, Froiz, Agua Sana e
Eurobanan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario