TERTULIA do IEM coa cantante María Xosé Silvar “Sés”
O vindeiro venres 13 de decembro ás 20:30 horas terá lugar unha nova TERTULIA do IEM, nesta ocasión coa participación da cantautora Sés. O noso compañeiro Bieto Legaspi Villamarín estará a cargo da presentación do acto. Despois do faladoiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, terá lugar unha cea coa convidada no Pazo da Escola de Mañufe para a que se debe reservar lugar no teléfono 986 360 575, ou no correo electrónico oficina@minhor.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario