A OMIX PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN DE OUTONO
Obradoiros de teatro, fabricación de instrumentos musicais e reciclaxe, entre as novas propostas
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) vén de presentar a súa programación de actividades para este outono 2013. Entre os cursos e talleres que se incluyen en la programación, haberá un Obradoiro de Teatro de 15 horas de duración que se desenvolverá na Casa da Cultura. E outro de fabricación de instrumentos musicais improvisados, de 12 horas e que será impartido na propia OMIX. Ambas propostas comezarán no mes de novembro, o mesmo que un curso de cultura xeral, de 15 horas de duración.
En outubro, o día 18, comezará tamén no local da OMIX un Obradoiro de Reciclaxe/Refugallo, que incluirá unha campaña e un concurso.
Outra das actividades é a "Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios", na antiga escola obradoiro de Goián, aínda que a data e horario están sen determinar.
Para inscriciones e máis información, pasar pola oficina da OMIX (Campo da Feira s/n), chamar ao teléfono 986 623 304, enviar un correo a omix@concellotomino.com, ou ben, visitar o facebook.

Ningún comentario:
Publicar un comentario