Novo éxito do cinema galego
Flores para Amalia, de Nani Matos
Premio do público no X Festival Internacional de Cine Social Castilla - La Mancha "FECISO"
Infogauda / A Guarda
A pesares da pouco doada situación, o cinema galego continúa acadando éxitos. A proba máis recente témola na curtametraxe Flores para Amalia, do director e guionista Nani Matos Barcia (A Guarda, 1966), que no X Festival Internacional de Cine Social Castilla - La Mancha "FECISO", que do 8 o 20 de outubro se celebra na cidade de Toledo, ven de lograr o Premio do Público. Ese merecido galardón que o respectable lle otorgou a Flores para Amalia confirma a potencia e o talento artístico de tódalas persoas que fan cinema en Galicia e en galego.
Con anterioridade, en maio deste ano, Flores para Amalia, acadara dous galardons no Festival de Cine de Cans (O Porriño): O Premio do Público e o Premio do Xurado de veciños de Cans.
Con anterioridade, en maio deste ano, Flores para Amalia, acadara dous galardons no Festival de Cine de Cans (O Porriño): O Premio do Público e o Premio do Xurado de veciños de Cans.
SIPNOSE DE "FLORES PARA AMALIA"
Amalia e Alfonso pasan os últimos anos da súa vida nunha residencia de maiores. A enfermidade de Amalia fará que Alfonso tome unha decisión. Esta cortometraxe fala de conmoverse co máis próximo, cos pequenos xestos da vida. Unha historia da vida cotiá. Historias que moitas veces pasan desapercibidas diante de nós. Quizais porque a maioría dos que as protagonizan, pasan inadvertidos para unha sociedade que non se para a mirar cara atrás nin cara a eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario