2 de xul. de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 01 Jul 2013 02:21 PM PDT
Comunidade Educativa do CEIP Humberto Juanes
O Concello de Nigrán convoca axudas destinadas á adquisición de libros de texto para alumnos de educación infantil matriculados "nalgún dos colexios públicos do municipio."

O concello non indicou o importe da contía que vai ser destinada para este fin. 
 
Posted: 01 Jul 2013 01:08 PM PDT
Praza-de-Abastos-de-GondomaLin ou escoitei, non lembro con certeza, que o concello de Gondomar ou, sendo máis preciso, alguén do concello, non sei quen e, a dicir verdade, tampouco me importa, ten decidido cambiarlle as portas á praza de abastos; descoñezo a razón. Visiteina por cautela e non dei con motivo que obrigue o troco. Supoño, escápaseme algo que non alcanzo a comprender pero inda así, tras considerar minimamente o tema, quero enunciar algunha razón pola que estou diametralmente en contra. Antes contextualizarei a obra para intentar poñer en primeiro plano as circunstancias e valores da peza en cuestión.
 
Posted: 01 Jul 2013 01:38 AM PDT
Observamos con preocupación como nos últimos meses as actuacións do Concello de Nigrán están claramenta dirixidas aos vehículos a motor, e non ás cidadás e cidadáns. Asistimos á deshumanización da Ramaiosa, fomentando o tráfico nas rúas do interior; ao non cumplimento do carril bici Vigo-Baiona ao seu paso por Praia América, eliminándoo por completo a pesar do crecente uso deste vehículo nos últimos tempos, especialmente no verán; á proposta no PXOM de viais que atravesan zonas rurais; e estes días, coincidindo coas festas de San Xoán en Panxón, reordenouse o tráfico polo centro da vila, de maneira que aumenta o tránsito por rúas pequenas, estreitas.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario