15 de abr. de 2013

OPINIÓN

Grazas, republicanas
  Aurora Marco

Ás que, por fortuna, vivides, ás que nos deixaron, para todas vai a miña gratitude, a lembranza emocionada, o meu afecto. Admírovos, sodes o meu/o noso referente, a luz que ilumina na escuridade, a voz que racha co silencio. Recupero as vosas historias, falo de vós e, mentres teña azos para investigar, vou seguir neste empeño porque, até hai pouco tempo, vos borraron da Historia, do ensino oficial, do discurso público. Fostes as silenciadas, as esquecidas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario