19 de abr. de 2013

A GUARDA

MERCADILLO DE TROCO
Este sábado 20 de abril, de 10 a 14 h.
na Praza de San Marcos




Banco do Tempo da Guarda


Amigas e amigos do Bdt, como xa viñamos anunciando na reunión-merenda, este sábado día 20 de abril sairemos á rúa para intercambiar, vender, mercar ou trocar os produtos ou obxectos en desuso do noso fogar.  
Contamos cunha nova moi interesante: o lanzamento da nosa moeda social, o Ardentía, para intentar que o público que nos visite, poida participar tamén, colaborando económicamente co proxecto Bdt. 
Para aqueles que desexen facer compras con Ardentías, comentar que haberá unha mesa de cambio onde poder "mercar" os Ardentías. 1 Ardentía=1€ 
Despois do Mercadillo, faremos un xantar solidario e colaborativo, no que levaremos de xeito voluntario comida para partillar entre tod@s.  
Agardamos que o Mercadillo de primavera sexa un éxito!! Se desexades poñer un stand, poñédevos en contacto con nós a través do correo ou ben do fb.   
Agardámosvos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario