19 de abr. de 2013

A GUARDA

CAMPIONATO GALEGO DE NATACIÓN – A CAÑIZA 2013
Os nadadores do Centro San Xerome Emiliani fixeron un bo papel



Informa: Centro San Xerome / A Guarda

O Campionato tivo lugar  na Piscina Municipal de A Cañiza, e participaron 5 nadadores do noso Club, xunto con deportistas dos Clubes: Menela , Aspanaex, Playa de Samil e San Rafael (Vigo),  Esclavas (Mos),  Saiar (Caldas), Aceesca (Porriño), Juan XXIII, Méndez Núñez (Pontevedra). Educación Especial (Vilagarcía), Apader (Cedeira),  R. Chapela, Asdán  (Redondela) e Os Helenos (Monforte).

Os nosos nadadores, participantes todos eles na proba de 50 libres da categoría adaptada, fixeron un bo papel. Noraboa a  Puri,  Fabián, Lucía, Nuria e José Miguel!

Ambientazo nas gradas, cun grupo de “animadores” das Unidades educativas,  onde  non faltou o  típico bocata de xamón da Cañiza para repoñer forzas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario