21 de mar. de 2013

A GUARDA

ESTE XOVES, FESTIVIDADE DE SAN BIEITO DO INVERNO




Infogauda / A Guarda

Este xoves, 21 de marzo conmemórase á festividade de San Bieito, Patriarca do monacato occidental, fundador da Orde Bieita e a vez, Padroeiro dos exorcistas.

No santuario adicado a súa advocación, haberá misas ás 9:00; 10:00 e ás 11:00 horas (solemne).

A San Bieito atribúenselle poderes curativos de diversas enfermedades, especialmente as espullas e males relacionados coa pel. A tradición dí que para elimina-las espullas hai que ter fe en San Bieito e apricar un pouco de aceite do lampadario do santo que se distribúe entre seus fieis.
O rematar cada unha das misas, poderase merca-la medalla-crucifixo de San Bieito abade, de orixen moi antergo. O deseño desa medalla foi fixado polo Papa Benedicto XIV. Dunha parte leva a imaxe de S. Bieito que tén na mán unha cruz e na outra, unha cruz máis grande coas iniciais en latín de varias letras. No anverso leva a efixie do santo, coa cruz na mán dereita e a Regra na mán esquerda; a súa dereita unha copa de onde fuxe unha cobra (lembranza do viño enveleñado do que se salvou miragosamente); a esquerda un corvo lévase o pan enveleñado. Por debaixo poden lerse as seguintes verbas: "EX S.M. CASINO MDCCCLXXX" (Do Sacro Monte Cassino 1880). A ambolosdous lados "CRUZ SANCTI PATRIS BENEDICTI" (Cruz do S. Pai Bieito). Orrededor da imaxe: "EIUS IN OBITU NOSTRO PRAESENTIA MUNIAMUR" (Que nos defenda na nosa morte coa súa presenza).

Ningún comentario:

Publicar un comentario