24 de mar. de 2013

A GUARDA


EXPONATUR: OUTRA FORMA DE VER Á NATUREZA

   
Agustín Ferreira Lorenzo / A Guarda

     Este mércores, día 27 de marzo ás 20.30 horas, inaugúrase a exposición de natureza EXPONATUR, que se traslada dende Tui ata A Guarda, logo de acadar un grande éxito naquela cidade, onde estivo aberta ao público durante 21 días. A inauguración vai contar coa interpretación dun par de pezas musicais a cargo dun saxofonista membro de ANABAM.

    Esta exposición de natureza estará na Sala de Exposicións da Casa dos Alonso, Praza do Reló, A Guarda, dende o 27 deste mes de marzo ata o próximo 27 de abril, abrindo tódolos días. De mañá o horario será das 10,30 ata as 13,00 horas, e de tarde, das 16,30 ata as 20,30 horas.

    Esta é a maior exposición que organiza ANABAM. Esta baseada nos traballos desenvolvidos por esta asociación nos case que 30 anos de actividade da mesma.

     Tal e como da a entender o título, é unha exposición relacionada co patrimonio natural e na que se intenta facer partícipe da mesma ao público que a visite, para que este público non sexa un mero espectador pasivo, senón que tamén actúe nalgunhas das pezas presentadas. Queremos que sexa “outra forma de ver a natureza”.

    Dende ANABAM, agradecemos ao Concello da Guarda,  ao proxecto TEAM-MINHO e a Asociación de Recuperación do Traxe Galego de A Guarda, a colaboración prestada e convidamos a tódalas persoas que o desexen a estar presentes na inauguración da exposición e a visitar a mesma, esperando que sexa do agrado de todos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario