22 de feb. de 2013

PREFERENTES

O PP de Oia ameaza con pasar ao grupo mixto se os populares non mudan a súa política sobre as preferentes

                         Xulio Vicente, voceiro dos afectados CC BY-SA Praza Pública


O grupo municipal do Partido Popular en Oia, que goberna o Concello con seis dos once concelleiros, abandonará a formación e pasará ao grupo mixto se os populares non mudan a súa actitude con respecto ao conflito das preferentes e subordinadas para que os afectados poidan recuperar todos os seus cartos. Ese é o compromiso ao que o alcalde Alejandro Rodríguez chegou cun grupo de afectados que esta mañá irromperon no pleno municipal e que obrigaron a suspender a sesión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario