3 de xan. de 2013

PONTEVEDRA


O PRESIDENTE DO GOBERNO, MARIANO RAJOY, INAUGURA MAÑÁ XUNTO CON NÚÑEZ FEIJÓO E RAFAEL LOUZÁN O SEXTO EDIFICIO DO MUSEO DE PONTEVEDRA



Mañá, venres 4 de xaneiro de 2013 terá lugar a inauguración oficial do sexto edificio do Museo de Pontevedra. O acto, previsto para as 09:45 horas da mañá contará coa presenza do presidente do Goberno, Mariano Rajoy; do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; e do presidente da Deputación, Rafael Louzán, entre outras autoridades e representantes da vida cultural e social da cidade.
O sexto edificio edificio levántase sobre o solar que tiña ocupado a horta do Colexio dos Xesuitas, construído segundo o proxecto elaborado polos arquitectos Eduardo Pesquera e Jesús Ulargui, gañador do concurso de ideas convocado pola Deputación de Pontevedra, que sufragou a súa construción, para a que contou coa colaboración do Ministerio de Cultura e da Consellería de Cultura.
Con esta apertura, a Deputación de Pontevedra pon a disposición da cidadanía un edificio de 10.000 m2 integrado por un auditorio, talleres de restauración, espazos para exhibicións temporais e 23 novas salas nas de exposicións permanentes.
O percorrido desta colección amplíase en máis de 4.000 m2 nos que se poderán visitar xoias imprescindibles da Arte Galega, dende a Baixa Idade Media ata a actualidade, así como as de Arte Español, dende o entorno de Goya ata o século XX; tamén restos arquitectónicos; un espazo dedicado ó violinista Manuel Quiroga;  e a colección Castelao que custodia o Museo de Pontevedra que se completa co gran tríptico de cegos cedido pola RAG.
O retablo de Belvís, a única pintura sobre táboa  do Medievo en Galicia; o tímpano do convento de San Francisco; obras de Sorolla e de autores impulsados polas becas da  Deputación (Souto, Maside, Torres, Laxeiro) son algunhas das obras de arte que se poderán visitar de forma permanente no sexto edificio do Museo.
A todo isto, sumarase a diversa programación que se xa se ven desenvolvendo na sala de exposicións temporais que se fixo coincidir cunha retrospectiva do artista local Manuel Aramburu «Da Infancia á Madurez».
As dúas plantas de soto están destinadas a almacéns e ós talleres de restauración e montaxe. Conserváronse ademais  os restos da muralla medieval e dunha ferrería, ós que se lle deu un tratamento museográfico. Acollen tamén un auditorio con capacidade para 240 persoas.
Una zona acristalada que se corresponde con cada una das plantas serve de enlace, a través da primeira e da segunda, co el edificio “Sarmiento”, que foi obxecto  tamén de rehabilitación.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS
A Deputación de Pontevedra organizará con motivo desta exposición unha xornada de portas abertas para visitar o edificio. Terá lugar o venres 4 de xaneiro de 17 a 21 horas; e os días 5, 6 e 7 de xaneiro en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario