30 de xul. de 2012

SORT


OS TEIXUGOS NO “CAMPEONATO DE ESPAÑA DE JÓVENES PROMESAS” CELEBRADO EN SORT


Informa (texto e fotografías): Rosa Fernández / Sort

Tres Teixugos participaron este sábado na 2ª competición do Campionato de España de Novas Promesas que se celebrou na localidade ilerdense de Sort. 
Brais Castro e Manuel Ochoa participaron nas modalidades K1 e C1 Infantil A Home, e Clara González en K1 e C1 Infantil B Muller. Aínda que non deron conseguido medalla fixeron un moi digno papel, tendo en conta o nivel de vascos e cataláns. 
Clara, a benxamina do grupo conseguiu a 7ª posición en K1 e non deu rematado o circuíto en C1, que só deron feito tres das participantes, xa que a modalidade de canoa (C1), de xeonllos e cunha pa dunha soa folla, apréndese despois da de kaiak (K1) na que van sentados e cunha pa de dúas follas. 
Manuel Ochoa quedou undécimo en C1 e oitavo en K1. Brais Castro foi o que obtivo mellores resultados con dous sétimos postos tanto en C1 coma en K1. 
“Os Teixugos” foi o club galego que obtivo unha mellor clasificación neste campionato.
Na provincia de Lleida atópase un triángulo máxico para o piragüismo de augas bravas, formado polas localidades de Sort, Ponts e a Seu D´Urgell, que contan con cadansúa canle de augas bravas. 
Aproveitando a ocasión un numerosos grupo de teixugos uníronse aos máis pequenos e desprazáronse ata Sort para adestrar, xuntándose alí con outros galegos do Club Tea de Mondariz e cos do Club de Dumbría. Os adestramentos fixéronse nas canles de Ponts e Sort que son gratuítas, non así a da Seu.
Nesa semana estívose celebrando tamén en Ponts 49 Rally Internacional da Noguera Pallaresa, os nosos piragüistas participaron en varios dos seus actos, o xoves participaron no rafting nocturno, o venres pola mañá no Open internacional de slálom por patrullas e pola tarde no vistoso concurso de esquimotaxes. Destacar aquí a participación de Andrea González que pasou a final celebrada o sábado a noite se fixo coa primeira praza do concurso de esquimotaxe, nunha memorable actuación.
A vindeira cita será en Dumbría onde o sábado día 4 de agosto  terá lugar o “IV Campeonato de España de Jóvenes Promesas”

Galería de imaxes

INICIATIVA DEBATE PÚBLICO


Noticias 30/7/2012


MÚSICA


LIROLAI compite no concurso "Vas sacar nota" 

"O salón parroquial´



Amig@s do Lirolai, dende hoxe xa podedes votar pola nosa canción "O salón parroquial" no concurso "Vas sacar nota" da Radio Galega. 
Como no anterior concurso, somentes se pode facer un voto diario, se ben esta vez é preciso rexistrarse. Debaixo de tódalas cancións participantes atoparedes a opción. É moi sinxelo e rápido. O enlace é o seguinte: http://blogs.crtvg.es/vas-sacar-nota/
Tamén se pode votar por teléfono na radio en directo ou por sms. Precisamos os vosos votos... Ánimo e graciñas.
Escoita como soa "O salón parroquial´ e non esquezades votar.

O MORRAZO

Intercéltico con sabor a Anxo Lorenzo

GrupoVIARTV

Anxo Lorenzo triunfó este fin de semana en el Intercéltico de Moaña. Gracias a su gaita y a su banda llenó la alameda y dejó a sus vecinos con ganas de más. Hasta en dos ocasiones tuvo que volver al escenario

A GUARDA

FESTAS DO MONTE 2012 
NO CENTRO SOCIAL FUSCALHO

A Velha na Horta

O ROSAL

Do 20 ó 22 de agosto

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ORGANIZA UNHAS XORNADAS MUSICAIS



Monserrat Domínguez Otero / O Rosal

Organizadas pola Agrupación Musical do Rosal do 20 ó 22 de agosto, no Auditorio do Rosal, terán lugar unas Xornadas Musicais
As especialidades que se impartirán son:
 
Trompeta por Rafael Carracedo Crespo
Trompa por José Manuel González Diego
Trombón por Francisco Sevillá Gonell
Gaita por Daniel Bellón

SALCIDOS (A GUARDA)

CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA Á SUCIEDADE, ABANDONO E PORCALLADAS NOS ARREDORES DE SAN ROQUE 
Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega / A Guarda


Non nos imos cansar de ter que facer referencia o estado en que se atopa o noso pobo, un paseo por cada lado, lévanos a encontrar “zonas axardinadas” nunha población que na voz dos nosos gobernantes é un “paraíso” con bandeiras azuis, e zonas de excelencia turística que non son a referencia de A Guarda, cando volven o seu pobo, xa que a suciedade e abandono das nosas rúas, donde a demostración de “pasotismo” é unha permanente e unha vez superadas tódalas trabas expostas anteriormente,  ven o gran “impacto visual” do xermen de novo “XARDÍN BOTÁNICO” que o Concello está a desenrrolar nos antiguos patios, donde a suciedade e abandono é a “tarxeta de recepción” a quen nos visita, algo que xa é unha costume dende que somos Concello de Excelencia Turística, Destino Eden e Bandeira Azul por todolos lados.

Non é por insistir, pero a realidade, é que a maioría das veces que algún veciño nos chama para que teñamos en conta a situación na rúa donde vive ou nas proximidades, xa imos co convencemento de que ou é un tema de suciedade e abandono ou un problema de tráfico.
Seguimos mantendo, que unha imaxe dí moito máis que mil palabras, e neste, como nos demais casos que temos denunciado, o que está a vista non precisa de moita explicación, xa que calquer veciño que pase por este lugar, pode ollar a realidade do estado destas instalacións.



Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar dos responsables municipais, para que procedar a adecentar este lugar, pois é unha das imaxes que os que nos visitan “promocionarán” no séu percorrido polo Camiño pola Costa ou o chegar o seu punto de residencia.

A Guarda, a 28 de Xullo do 2.012


Celso R. Fariñas

CAMINHA


BOLETIM INFORMATIVO DE JULHO 2012

Está disponível a versão online do Boletim Informativo de julho de 2012.
Poderá consultar diretamente através deste link ou no site do Município 

A GUARDA


El PARTIDO POPULAR DE A GUARDA SOLICITA AL ALCALDE GUARDÉS LA MODIFICACIÓN DE LA ORDENANZA DE VADOS

Infogauda / A Guarda

Después de la problemática surgida tras las notificaciones enviadas por el concello de A Guarda a los vecinos y tras revisar la ordenanza reguladora de vados y reservas de aparcamiento, el concejal popular Antonio Fontenla defendió a través de una moción presentada en el último pleno celebrado en el concello, solicitar al grupo de gobierno la paralización de esta medida hasta que se produzca una reunión de portavoces con el fin de revisar la ordenanza y que esta regule de forma clara y justa el servicio y/o derechos recogidos en la actual normativa.
 Además, los concejales populares consideran que otro grupo político ha estado manteniendo reuniones con los vecinos desinformando y creando más controversia en relación al cobro de vados y agravando de este modo la situación.
 La moción presentada por los ediles populares contó con el respaldo de todos los grupos políticos y se llegó al acuerdo con el equipo de gobierno de mantener la reunión de portavoces el próximo mes de septiembre.
LA PORTAVOZ DEL GRUPO MUNICIPAL DEL PARTIDO POPULAR PREGUNTA AL GRUPO MUNICIPAL DE GOBIERNO SOBRE EL ESTADO DE REDACCIÓN DEL PXOM
 La portavoz popular, Fátima Iglesias también reiteró una vez más la pregunta sobre el estado en que se encuentra la redacción del PXOM y el plazo previsto para su aprobación inicial, a lo que Domínguez Freitas contestó que se presentará cuanto antes, sin indicar fecha alguna, tal como hacía el pasado mes de abril cuando públicamente se comprometía a llevar el PXOM a aprobación inicial a mediados del mes de junio. 
LOS POPULARES SOLICITARON NUEVAMENTE UN INFORME SOBRE LA SITUACIÓN DE LA DISCOTECA SITUADA EN LA CALLE MANUEL ÁLVAREZ
Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular solicitaron nuevamente un informe sobre la situación de la discoteca situada en la calle Manuel Álvarez, informe solicitado hace más de 3 meses por registro y del que no se ha obtenido respuesta. 
Los populares tampoco olvidaron solicitar la limpieza y el mantenimiento de la plaza de Salcidos que lleva meses abandonada en un estado lamentable, así como el arreglo de los bancos de madera existentes, a lo que el ejecutivo se comprometió a ejecutar lo antes posible.

PONTEVEDRA


DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS

AXENDA DO PRESIDENTE, RAFAEL LOUZÁN ABAL


-11:00 horas………….….O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visita xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a planta de Clesa. Na planta de Clesa situada no municipio de Caldas de Reis.



-20:30 horas……………… O presidente da Deputación, Rafael Louzán asiste á Presentación da Festa do Cabrito.Entidade Local Menor de Chenlo.


AXENDA DOS VICEPRESIDENTES E DEPUTADOS




-13:00 horas……………..O vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa Vila, fai entrega de material relacionado coa accesibilidade e o control da contaminación ó Club Náutico de Portonovo.  No acto participarán Catalina González Bea, alcaldesa de Sanxenxo;  José Juan Durán, Presidente de Portos de Galicia Francisco Javier Ruiz de Cortázar, presidente do C.N. de Portonovo; e José Díz, Secretario do CN de Portonovo. No Club Náutico de Portonovo.